deporclínica playaclub canaldeportivo.tv
 
 buscar
  Martes 07/02/2012 13:01
  canaldeportivo 
 competición 
 el club 
 grupo deportivo 
 afición 
 taquilla 
 a coruña 
 prensa 
 deportivo virtual 
 

SUMARIO 
5 
6 
9 
12 
16 
19 
20 
23 
24 
27 
31 
32 
36 
40 
43 
47 
48 
51 
52 
56 
58 
63 
64 
71 
72 
87 
92 
95 
97 
5
 El cine se abona al Deportivo
  11 9  



CINE EN


BRANCO


E AZUL

O cine ‘ficha’ ó Deportivo. O equipo estará presente no Festival de Berlín 2004 como protagonista do filme ‘Galatasaray-Depor’ e no circuito de curtos con ‘O Trasto’


O Deportivo estase a converter nun equipo de película. E non tanto polos goles de Diego Tristán ou polas xenialidades de Juan Carlos Valerón, senón polo atractivo que desperta no mundo de cine. A paixón polo Deportivo, encarnada por un maxistral Manuel Manquiña na desternillante Airbag, semella ter continuación no celuloide. A mellor proba de que o conxunto coruñés está chamado a competir na Liga dos festivais de Cannes, Berlín ou Venecia é que no pasado mes de xuño estreouse a curtametraxe O Trasto e presentouse a longametraxe Galatasaray-Depor. Os dous filmes utilizan o puxante fenómeno deportivista como telón de fondo para tratar asuntos de forte contido social: a relación familiar cos maiores no primeiro caso, e as inquedanzas desa nova Europa xurdida dende o derrube do muro de Berlín no segundo.
Galatasaray-Depor, que conta cun presuposto de 3 millóns de euros, dos cales o 30% é financiación galega, constitúe a primeira coproducción galego-xermana. O título da película fai referencia a unha hipotética final da Liga de Campións, en Moscova, entre o conxunto coruñés e o turco. “Pero pode ser que a realidade supere á ficción”, sinala Antón Reixa, co-productor da película a través de Portozás Visión.

“O presidente Lendoiro está encantado e o clube vai prestarnos todo o seu apoio”, comentou Reixa, o pasado 6 de xuño, na presentación dun proxecto no que participa a productora xermana, Moneypenny Films.
A final da Champions coincide con catro robos simultáneos en Santiago de Compostela, Moscú, Berlín e Estambul, cidades que acollerán a rodaxe.
>Ésta é a proposta do director alemán Hannes Stöhr (Stuttgart, 1970), que obtivo o Premio do Público no Festival de Berlín ca súa primeira película, Berlín is in Germany. “Os alemáns van ver como é Galicia, unha terra de gaitas, cando pensan que en España non hai máis que sol e laranxas”, afirma Stöhr, que coñece ben Galicia porque estudiou en Santiago cunha beca Erasmus. “Eu fun o primeiro sorprendido”, engade.
O realizador xermano, apaixoado do fútbol, utiliza este deporte para “descobrir se, como o American way of life, existe un ‘camiño de vida europeo’, mostrando as diferentes caras de Europa, como pode se-lo contraste das mezquitas de Estambul e a catedral de Santiago”. A rodaxe comenzará en maio de 2003 e durará tres meses.


página 9
© R.C. Deportivo de La Coruña 2006. Todos los derechos reservados